Lousame aproba a dedicación exclusiva da alcaldesa e dúas dedicacións parciais para os dous primeiros tenentes de alcaldesa

O Concello de Lousame celebrou na noite de onte xoves a súa sesión plenaria organizativa na que se deu conta da conformación dos tres grupos políticos municipal.

O pleno aprobou, os 7 votos a favor do PP e as 4 abstencións dos grupos da oposición, tres dedicacións para o grupo de Goberno: unha exclusiva de 40.000 euros brutos anuais para a alcaldesa Teresa Villaverde e dúas parciais, de 16.800 euros para o primeiro e a segunda tenentes de alcaldesa, Ramón Martínez e Silvia Agrafojo. Unhas retribucións que, no caso de Silvia Agrafojo, non comezará a percibir ata o vindeiro 1 de xaneiro de 2020.