O Pleno Municipal de Noia aproba catro dedicacións exclusivas e dous cargos de confianza

O Concello de Noia celebrou esta mañá a súa sesión plenaria de organización, na que se acordou fixar os plenos ordinarios os últimos xoves de cada mes ás 21:00 horas.

As dedicacións e os cobros por asistencia a órganos colexiados centraron gran parte do debate desta mañá. Así, o alcalde de Noia, Santiago Freire, confirmou que non percibirá dedicación exclusiva esta lexislatura, quedando conformadas catro dedicacións exclusivas de 25.662 euros brutos anuais cada unha para os concelleiros/as María Luís Villar, Mariola López Cierto, Martín Fernández Godón e Laura Salgado García.
A proposta foi aprobada cos votos a favor de PP, PSOE e Noia, e coas 3 abstencións da Marea e do BNG. Os grupos da oposición non cuestionaron nin a composición nin a contía das dedicacións, se ben coincidiron en demandar que o alcalde tomase unha dedicación exclusiva.
Outro punto de debate foron as contías por asistencia a órganos colexiados, fixados en 150 euros para os Plenos e Comisión de Coordinación da Xestión Municipal; e 60 euros por asistencia a Comisiones, Xuntas de Goberno Local e Xunta de Voceiros. Unhas contías aprobadas cos votos a favor do PP e NOIA, a abstención do BNG e os votos en contra de PSOE e Marea.

more recommended stories