A veciñanza de Lousame recupera 1.610 quilos de téxtil usado no primeiro semestre de 2019

A veciñanza de Lousame recuperou 1.610 quilos de téxtil usado durante o primeiro semestre de 2019, máis o menos a mesma cifra co semestre o ano anterior (1.662 quilos). Son datos de Humana, Fundación Pueblo para Pueblo, organización que promove a protección do medio ambiente a través da reutilización do téxtil, levando a cabo programas de apoio local en España e programas de cooperación en África, América Latina e Asia.

Entre xaneiro e xuño a veciñanza de Lousame recuperou 3.300 prendas que Humana reintroducirá no mercado a través da reutilización e a reciclaxe. Unhas prendas que proceden dos contedores de Humana, emprazados na praza do Concello de Lousame e na contorna da igrexa de Vilacova, onde a veciñanza pode depositar roupa, calzado, complementos e o téxtil do fogar que xa non utiliza e aos que se lle dá unha segunda vida. Un servizo de recollida gratuíto que tamén supón un importante apoio ao medio ambiente, pois supón evitar a emisión de 5 toneladas de CO2 á atmosfera.