No CEIP Santa Baia de Boiro continúan á espera dunha reunión coa Xefatura territorial de educación

Con preto de 1650 sinaturas presentada,s a Anpa do Ceip Santa Baia de Boiro, continúa á espera de seren recibidos pola Xefatura Territorial de Educación, unha entrevista que pese a ter sido solicitada o 5 de xuño segue sen resposta.

Onde si atoparon resposta os pais e nais do alumnado foi na valedora do pobo, que tratará de interceder coa Xunta nesta negociación, na que os proxenitores demandan que non se elimine o terceiro grupo de primeiro de primaria así como a contratación de tres mestres especialistas de Audición e Linguaxe e tres de Pedagoxía Terapéutica para atender ao medio cento de alumnos e alumnas con neceidades especiais matriculados neste centro.