O coidado do medio ambiente será o eixo dos Campamentos de Verán do Concello de Lousame, que terán lugar do 15 ao 19 de xullo

O coidado do medio ambiente será o eixo temático da edición número dezasete dos Campamentos de
Verán do Concello de Lousame, que terán lugar do 15 ao 19 de xullo. Así, os cinco días dos campamentos estarán dedicados a distintas iniciativas medioambientais: a necesidade de reciclar, que pode facer cada persoa para cambiar as cousas, reutilización e revalorización dos materiais, actuacións de coidado do medio natural, xornada de recollida de plásticos…