O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, visitou a Xornada de detección precoz do melanoma

O Parlamento de Galicia acolleu este mércores unha xornada orientada a concienciar á sociedade sobre a importancia da detección precoz do melanoma, un cancro cutáneo potencialmente moi agresivo cando non se detecta nas súas fases iniciais.

A xornada foi coordinada polo polo Dr. Hugo Alberto Vázquez Veiga, xefe do Servizo de Dermatoloxía da EOXI de Santiago.