O alumnado dun instituto en Rianxo foi evacuado do edificio ao declararse un incendio no seu interior

Un incendio no interior do instituto Félix Muriel de Rianxo, obrigou a desaloxar aos seus ocupantes, por precaución. En canto se percataron do lume os propios mestres desaloxaron o centro, e deron aviso ao 112.