O prezo da sardiña é inferior ao do pasado ano en vísperas do San Xoán

Á falta de dous dias para a celebración do San Xoán o prezo da sardiña ronda os 6 euros nos mercados da Barbanza, achegámonos ata a Pobra do caramiñal, onde pouca sardiña atopamos nos distintos postos alí establecidos.

Eso si , habia para escoller, entre a do cerco e a do xeito de Rianxo, os prezos dependen da procedencia e tipo de sardiña, a do cerco cotiza entre 5 e 6 euros o kilo,mentres a do xeito atopámola a partir de 8 euros.