Feijóo anima á industria agroalimentaria a seguir apostando polo valor engadido, a sustentabilidade e a tecnoloxía para camiñar cara a unha Galicia con máis calidade, máis verde e máis innovadora

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, animou hoxe á industria agroalimentaria a seguir apostando polo valor engadido, a sustentabilidade e a tecnoloxía para camiñar cara a unha Galicia con máis calidade, unha Galicia máis verde e unha Galicia aínda máis innovadora.

Durante o acto de entrega dos premios Galicia Alimentación 2019, Feijóo incidiu en que as instalacións de transformación e comercialización son fundamentais para achegar valor engadido e garantir a viabilidade das producións agrícolas, gandeiras e pesqueiras. E recordou ademais que preto do 60% das empresas deste sector se sitúan en pequenos concellos de menos de 10.000 habitantes.

more recommended stories