Feijóo destacou a aposta en innovación, emprego e facturación que o Peugeot 2008 suporá para PSA

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a aposta en innovación, emprego e facturación que o Peugeot 2008 suporá para a factoría de PSA en Balaídos e para a industria auxiliar que verá incrementada a súa cifra de negocio en 450 millóns de euros ao ano co novo modelo. Unha cifra que, segundo lembrou, se sumará aos 650 millóns anuais que, actualmente, a industria auxiliar vende en compoñentes a esta factoría para o modelo K9.

more recommended stories