O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a posta a disposición de todos os pontevedreses do novo edificio Benito Corbal


Durante o acto de inauguración, Feijóo precisou que, cun orzamento total de preto de 5 millóns de euros, os veciños contarán desde hoxe cun edificio moderno, coas tecnoloxías enerxéticas eficientes e en pleno centro da cidade, e que conta: cunha planta soto, cun salón de actos; cunha planta baixa onde se situará a Oficina de Emprego de Pontevedra Bisbarra; cunhas plantas 1ª e 2ª, onde se instalará a Oficina de Emprego de Pontevedra Concello e o Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE); cunhas plantas 3ª e 4ª, destinadas á cesión de asociacións e cunhas plantas 5ª, 6ª e 7ª, que serán cedidas á Universidade de Vigo na súa totalidade, a través dun convenio de colaboración.

more recommended stories