A construcción da nova comisaría de Ribeira comezará a finais de este mesmo ano

A Sociedade de Infraestruturas e Equipamentos Penais e da Seguridade do Estado ( SIEP) avanzou hoxe que o inicio das obras de construción da nova comisaría de Ribeira está previsto para finais deste ano, cun prazo de execución posterior de dezaoito meses, segundo manifestou durante unha visita da subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, á localidade.