Adxudicada a instalación dunha rede de pluviais na rúa sidreiras en Ribeira cun investimento que ronda os 18 mil euros.

O Concelo de Riveira informa de que foi adxudicada unha actuación dirixida á instalación dunha rede de pluviais na rúa Sidreiras en Santa Uxía, vial perpendicular á avenida da Coruña. A lonxitude do tramo que se vai construír é de 210 metros.