Pasado o cuarenta de maio seguemos sen poder quitar o saio

Malia termos despedido en Galicia un mes de maio moi seco e marcado por episodios con temperaturas máximas moi elevadas, o mes de xuño está a ser todo o contrario, con temperaturas mais baixas do normal para esta época do ano, e mesmo con neve en varios puntos da península.