O concello de Ribeira incorpórase ao servizo Xantar na casa

A conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciou hoxe nunha resposta no Pleno do Parlamento de Galicia a próxima incorporación de seis concellos ao programa Xantar na casa, que na actualidade chega a 169 municipios de toda a xeografía galega e a través do cal sérvense 40.000 comidas ao mes para 1.300 persoas usuarias. En concreto, súmanse a este servicio: Moeche, San Sadurniño, Miño, Foz, Vilamartín de Valdeorras e Ribeira.