A Xunta avanza no desenvolvemento da Historia Social Única Electrónica facilitando novos servizos en mobilidade

A Historia Social Única Electrónica (HSUE) estenderase no 2020 aos dispositivos móbiles como axuda na atención ás persoas maiores, familias e coidadores.

Así o adiantou esta mañá a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, durante a visita ao Centro de Excelencia en Tecnoloxías Innovadoras Sociosanitarias (CETISS) de Minsait, a filial de Indra, desde o que a compañía desenvolverá esta iniciativa.

more recommended stories