O Noia Portus Apostoli engade unha nova peza ao marco do Agustín Mourís coa chegada de Álex Pérez

Álex Pérez, porteiro, de 26 anos, convértese na terceira fichaxe do club noiés, tras os de Antonio Diaz e Lluc. Baixo paus, o internacional sub-18 e sub-21 defínese como “un porteiro tranquilo e con ganas de facer as cousas ben”.