Brais e o conxunto do Portus Apostoli separan os seus camiños

Brais e o Noia Portus Apostoli separan os seus camiños. Brais García é peza fundamental da historia recente do Noia Portus Apostoli. Desde a súa chegada na tempada 2014-2015, consagrouse dúas veces campión do Grupo I de Segunda División B, levantou a Copa Deputación e logrou o ansiado ascenso á categoría de prata do fútbol sala español.