O candidato do PP a alcaldía da Pobra, Manuel Durán, indicou esta mañá que seguen a buscar puntos de encontro co BNG e o PSOE

Manuel Durán indicou esta mañá nunha rolda de prensa que o Partido Popular da Pobra do Caramiñal continúa a buscar puntos de encontro coa formación nacionalista e o PSOE para evitar un goberno de Nós Pobra e intentar formar así un, segundo indicou, que dea estabilidade.