Escolares de Boiro limpan os areais nun proxecto posto en marcha por Jealsa e a fundación Ecomar

Escolares de Boiro, traballadores voluntarios de Jealsa e membros de diferentes colectivos sociais do municipio retiraron esta mañá unha gran cantidade de lixo da praia de Barraña, en Boiro, no marco dun proxecto impulsado pola conserveira Jealsa e afundación Ecomar, bautizado como «cuidamos del mar», e ó abeiro do cal se limparán catro areais.