O CEIP Santa María do Castro de Cabo de Cruz xa ten o seu propio castro

O CEIP Santa María do Castro de Cabo de Cruz conta dende hoxe coa réplica da construcción que lle da o nome, un castro, que foi construído coa implicación de todo o alumnado e profesorado, a Anpa e o concello de Boiro no marco dun proxecto trianual do equipo de dinamización lingüística.