Feijóo subliñou que a ampliación do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago permitirá aos seus traballadores seguir investigando, trasladando os seus coñecementos á sanidade galega

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que a ampliación do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) permitirá aos seus traballadores seguir investigando, innovando e trasladando os seus coñecementos á sanidade pública galega.

Logo da posta en marcha o pasado ano da Unidade de Ensaios Clínicos da Fase Temperá, así como a terceira fase da construción dos laboratorios IDIS, Feijóo precisou que este instituto conta, na actualidade, cun total de máis de 4.000 metros cadrados destinados a acadar a excelencia asistencial a través da investigación clínica

more recommended stories