A Xunta e o Estado constitúen o Comité Integrado de Prevención de Incendios de Galicia para este ano

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o conselleiro do Medio Rural, José González, e o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, presidiron a constitución do novo Comité Integrado de Prevención de Incendios de Galicia (CIPIG) para este ano 2019. Este órgano estará operativo desde o 1 de xullo ata o vindeiro 30 de setembro, período establecido como época de alto risco de incendios forestais.

Este comité ten como finalidade coordinar as actuacións da Xunta e do Goberno central en materia de prevención e loita contra os incendios forestais na Comunidade Autónoma de Galicia, co fin de sumar sinerxías e minimizar os danos ocasionados por esta lacra que afecta ao noso patrimonio forestal.

more recommended stories