Os usuarios da biblioteca de Ribeira xa poden obter o carné único da rede de bibliotecas públicas de Galicia

A Biblioteca de Ribeira informa de que xa é posible obter nesta instalación situada na rúa Manuel Lustres Rivas, 20, o carné único da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia logo da adquisición do equipamento necesario para poder imprimir no momento este documento, válido para ser utilizado nos máis de 350 centros adheridos a esta rede baixo a organización da Concellería de Cultura e Turismo.