Antoñito non continuará no Noia Portus Apostoli a vindeira tempada

Unha tempada despois de aterrar en Noia, Antonio Ortega, máis coñecido como Antoñito, deixa de pertencer á disciplina noiesa. O pivote catalán, no seu único curso como xogador do equipo branco, participou en 28 encontros e converteu nove goles, sendo un deles o da vitoria ante o Rivas Futsal na última e decisiva xornada ligueira.