Iván Raña e María González son o campión e a campioa do II Mar de Muros Tríatlon

Iván Raña e María González son o campión e a campioa do II Mar de Muros Tríatlon – Trofeo Iván Raña. Con dúas carreiras totalmente diferentes, demostraron ser os mellores.
A maxia de Muros non deixou indiferente a ninguén e menos se cabe aos amantes do tríatlon. A segunda cita do Mar de Muros Tríatlon – Trofeo Iván Raña presentaba un circuíto apaixonante, cunha beleza paisaxística no sector ciclista a destacar.