Os furtivos poden estar a extraer mais de 300 quilos diarios de bivalvo das praias de Rianxo

O Furtivismo repunta en Rianxo, onde os vixilantes da confraría non dan feito a escorrentar a tanto furtivo das praias, noieses, rumanos e mesmo italianos parece que tomaron gusto ao bivalvo destes areais. Dende a confraría de Rianxo piden axuda á conselleria do Mar e a policía autonómica, para que lles axude a preservar o seu producto nos areais, xa que temen non so pola perda da campaña actual senón polas vindeiras, ao levaren tamen cría das praias.