Compromiso aposta por un goberno en solitario para o cambio en Outes

Compromiso Outes decidíu por unanimidade da súa asemblea local apostar por un goberno en solitario para iniciar a etapa do cambio en Outes. Logo de celebrar unha rolda de reunións co resto de forzas políticas municipais, Compromiso considera que nestes momentos o mellor para Outes é que un grupo cohesionado exerza a labor de goberno, procurando en calquera caso o acordo coas demais formacións para aquelas iniciativas que requiran o apoio do pleno municipal.