A Xunta impulsará campañas de sensibilización e formación para loitar contra a violencia de xénero no ámbito sanitario

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, asinaron hoxe un convenio de colaboración que ten como obxectivo impulsar a loita contra a violencia de xénero no ámbito sanitario, a través de medidas como campañas de sensibilización ou a formación dos e das profesionais. O acordo, que se inscribe nas medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, está dotado cun investimento total de 290.000 euros.

more recommended stories