Nós Pobra non considera asegurada a investidura do seu candidato á alcaldía da Pobra malia ter gañado as eleccións

O empate a concelleiros co PP e a falta de apoio do BNG deixan aberto un esceario compricado neste concello, así o destacou candidato desta formación e alcalde en funcións da Pobra, Xosé lois Piñeiro, logo de agradecer á cidadania o apoio recibido nestas eleccións, nas que lograron pasar de 4 a 5 concelleiros cun aumento en votantes do 30%.