O Concello de Lousame abrirá do 10 ao 13 de xuño o prazo de inscrición na súa Ludoteca de Verán, que terá lugar en xullo e agosto

O Concello de Lousame abrirá do 10 ao 13 de xuño o prazo de inscrición na súa Ludoteca de Verán, unha iniciativa para a conciliación da vida familiar e laboral que se desenvolverá durante os meses de xullo e agosto.

Integrada no programa Lousame Concilia, a Ludoteca de Verán está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos de idade, que desfrutarán de divertidas actividades nas instalacións do CPI Cernadas de Castro, en horario de 9:30 a 14:30 horas.