Programa Apego: última sesión e entrega de diplomas do Obradoiro de Disciplina Positiva

O mércores día 5 tivo lugar no Auditorio de Rianxo a última sesión do Obradoiro de disciplina positiva, impartido pola pedagoga María Paredes. Ata un total de 20 persoas asistiron regularmente a este obradoiro da Escola de Familias do Concello de Rianxo, que constou de cinco sesións en total, repartidas en varios mércores dos meses de maio e xuño.