Noia conmemorará o Día do Medio Ambiente con 5 actividades a prol da reciclaxe

O Concello de Noia trasladará ao sábado 8 de xuño o programa de actividades para conmemorar o Día do Medio Ambiente, que se celebra hoxe mércores 5 de xuño. Unha programación especial que inclúe cinco actividades a prol da reciclaxe e contra o consumo de tabaco, dirixidas especialmente a un público infantil e que terán lugar na alameda noiesa e na praia de Boa.