Dúas persoas feridas nun atropelo en Rianxo

Dúas persoas resultaron feridas de gravidade nun atropelo ocorrido na estrada de Rianxo a Leiro. Foi a chamada dunha persoa particular ao 112 Galicia o que permitiu activar un operativo no que colaboraron os profesionais de 061-Urxencias Sanitarias, os Bombeiros de Boiro e os axentes da Garda Civil de Tráfico.