Cinco traballadores serán contratados polo Concello de Noia para a limpeza das súas praias

O Concello de Noia publicou hoxe a convocatoria do proceso para a selección e contratación temporal de cinco traballadores para a limpeza das praias do municipio. Os aspirantes deberán ter cumpridos os 16 anos, ter nacionalidade española ou doutros estados membros da Unión Europea e completados os estudos de ESO, graduado escolar ou equivalente.