Centos de persoas celebraron este fin de semana en Lousame a Festa Gastronómica do Carneiro ao estilo San Roquiño

Centos de persoas celebraron o sábado a décima edición da Festa Gastronómica do Carneiro, feito segundo a tradición de San Roquiño. Unha festa na que o calor foi o gran protagonista, pois todo o mundo buscou o abeiro da carpa instalada no campo da festa de San Roquiño, cortesía de Pulpería Kaliberas, ou da contorna e o interior da capela, o lugar máis fresco da zona.