A Policía autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio no concello de Porto do Son

Axentes da Policía Autonómica e axentes forestais veñen de esclarecer incendio forestal ocorrido no Concello de Porto do Son (A Coruña), coa identificación do presunto autor.

Os Policías integrantes do Grupo de Investigación de Incendios desta Xefatura da Unidade da Policía Adscrita en Santiago, en colaboración co persoal do Distrito Forestal IV Barbanza, procederon a tomar declaración como investigado a un varón, presunto autor dun incendio forestal ocorrido o pasado día 25 de maio na parroquia de San Vicente de Noal, concello de Porto do Son, que afectou a unha superficie de 0,11 Has de superficie rasa.