O Concello de Lousame convoca un novo curso gratuíto de defensa persoal para mulleres e mozas

O Concello de Lousame organiza un “Curso de defensa persoal e autocapacidade para mulleres e mozas”, tres sesións de adestramento físico e psíquico para saber como actuar ante diversas situacións problemáticas mediante técnicas de autodefensa. Unha iniciativa que terá lugar o luns 10, o mércores 12 e o xoves 13 de xuño, en horario de 19:30 a 22:00 horas, no polideportivo Pilar Barreiro Senra.