O Concello de Rianxo acollerá, entre os días 25 e 28 de xuño, o curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela, Galego porta aberta para o mundo 2

Galego, porta aberta para o mundo 2 será o curso de verán que a universidade de santiago de compostela desenvolva no concello de rianxo a finais do mes de xuño, concretamente do 25 ao día 28.
Este curso, dirixido pola profesora de lingüística teresa moure pereiro, tratará de analizar e vigorizar os contactos culturais realmente existentes entre os pobos galego e portugués.

entre os obxectivos desta formación está revisar a situación actual da lingua na sociedade galega; debater sobre o modelo internacional da lingua; desenvolver as posibilidades da lei paz andrade, destinada a introducir o portugués no ensino e nos medios de comunicación; coñecer as diversas e actuais liñas de pensamento común a ambos lados da fronteira política e perfeccionar a relación cultural galego-portuguesa.