O Alumnado do taller de memoria de Palmeira rescata nun libriño a historia da localidade nos séculos XIX e XX

“Palmeira na Memoria”, así se chama o pequeno libriño que acaba de saír do prelo e que foi elaborado ao longo deste curso polos 23 alumnos do obradoiro de Memoria que se desenvolve en Palmeira no marco do Programa de Dinamización Social e Cultural dos Nosos Maiores, organizado polos Servizos Sociais do Concello de Ribeira.