O DOG publica hoxe as axudas deste ano para mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde do 13 de maio de 2019, pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan cun orzamento de 686.741 euros.

Este ano rexístrase un aumento no presuposto destas subvencións do 14% respecto á convocatoria anterior, na que se chegou a máis de 1.454 apicultores a través de 14 expedientes aprobados. Isto é así porque esta orde vai destinada tanto a particulares titulares de explotacións apícolas como a cooperativas, organizacións representativas e asociacións de apicultores con personalidade xurídica propia.

more recommended stories