Conde destaca que a Bfaero contribuirá a crear e consolidar un tecido empresarial e industrial sólido en torno ao polo aeroespacial de Galicia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta mañá na xornada de benvida da BFAero, acto que marca a posta en marcha da primeira aceleradora aeronáutica de Galicia coa participación de cinco proxectos.

A BFAero é unha iniciativa de innovación aberta promovida desde a Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria que conta coa colaboración de Indra, Babcock, pequenas e medianas empresas do sector, as universidades galegas e entidades como o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), o Consorcio Aeronáutico de Galicia e a Fundación CEL, que se encargará da xestión operativa. Conde subliñou que esta nova iniciativa de emprendemento innovador contribuirá a crear e consolidar un tecido empresarial e industrial sólido en torno ao polo aeroespacial de Galicia.

more recommended stories