A Fundación Aladina recibe a recadación do torneo Internacional de Rianxo

O éxito acadado co Torneo Internacional de Rianxo de carácter solidario fixo posible que a organización puidera recadar máis de cinco mil euros para entregarlle á Fundación Aladina. Esta mañá membros organizadores e o alcalde de Rianxo, deron unha rolda de prensa para informar sobre estas cifras e agradecer o apoio de quen fixo posible a posta en marcha deste torneo deportivo.