Portos de Galicia iniciou en Ribeira unha nova fase da limpeza de fondos mariños

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, está a levar a cabo unha nova fase do plan de limpeza de dársenas. O ente público executa estas actuacións por sexto ano coa finalidade de impulsar peiraos sustentables a través da retirada de residuos dos fondos mariños. Portos de Galicia desenvolve este ano actuacións en 19 portos das tres provincias costeiras.