Na preferente norte, o Noia e o Puebla xogarán a súa última xornada da competición

A última xornada da preferente norte terá lugar este fin de semana. Os conxuntos do Noia e do Puebla afrontarán coma locais os seus últimos encontros. Por unha banda, o Noia xogará contra o Foz, décimo segundo clasificado. Os noieses queren levarse os 3 puntos para poder rematar a tempada na cuarta posición, xa que nestes momentos atópanse empatados a puntos co quinto, a Sarriana.