O Concello de Ribeira e o Museo Etnográfico de Artes subscribiron un convenio de colaboración co fin de axudar a impulsar os obxectivos da entidade cultural

O Concello de Ribeira e o Museo Etnográfico de Artes subscribiron un convenio de colaboración co fin de axudar a impulsar os obxectivos da entidade cultural.

Neste senso, en virtude do acordo rubricado polo alcalde Manuel Ruiz e por Manuel Reiriz como representante do museo, a administración local subvenciona con 14.000 euros a esta entidade para que se siga posicionando como referente para o coñecemento da historia e a vida cotiá do noso municipio e promover a súa divulgación a través de todo tipo de accións como a confección de material divulgativo ou a celebración de visitas guiadas para coñecemento da historia e da vida cotía do municipio.