Xunta e Concello de Noia asinan un convenio de colaboración para investir preto de 150.000 euros na mellora da EDAR

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o alcalde de Noia, José Santiago Freire, veñen de asinar un convenio de colaboración para investir preto de 150.000 euros para a mellora da estación depuradora de augas residuais do municipio.