O Coliseo Noela contou na tarde de onte cun novo mitin do Partido Popular de Noia

O Partido Popular de Noia, arroupado por centos de veciños e veciñas da vila, volveu a realizar no día de onte un novo mitin no teatro Coliseo Noela. Alí, os populares liderados por Santiago Freire destacaron varios dos investimentos que se realizaron na localidade e outras propostas que plantexan para os vindeiros catro anos, en caso de que este no goberno.