Alumnos do colexio de Palmeira visitaron hoxe a escola náutico-pesqueira de ribeira

Preto de 250 alumnos do Centro de Educación Infantil e Primaria Plurilingüe de Palmeira visitaron a Escola Náutico-Pesqueira de Ribeira para coñecer a importancia do sector pesqueiro e marisqueiro, con gran peso na zona, e as vantaxes de consumir peixe para ter unha dieta saudable.