Dezanove premiados no XVII Concurso literario escolar das letras galegas

O tradicional Concurso Literario das Letras Galegas organizado polo concello de Ribeira celebrou no día de hoxe o acto de entrega de premios con dezanove galardoados entre os 550 traballos participantes nesta décimo sétima edición, nas categorías de prosa, verso e banda deseñada.